Friday 19 de April de 2024

Reparación de camiños nas parroquias de Cabovilaño, Golmar e Vilaño


O concello da Laracha segue desenvolvendo actuacións na rede viaria municipal. A carón dos traballos recentemente realizados nos núcleos urbanos, nestes momentos as actuacións están localizadas na zona rural e principalmente naqueles camiños que afectan a comunicación entre núcleos rurais e con mais intensidade dentro dos propios núcleos rurais.

As actuacións concentranse nestes días nos núcleos de A Casanova, O Cuartel e o Salgueiral na parroquia de Cabovilaño; nos que se renovou a capa de rodadura, empleando como ben sendo habitual, aglomerado asfáltico en quente. Dento do mismo proyecto está en execución a carretera que dende a de Deputación DP-2404 une os núcleos da parroquia de Golmar: O Ramallal, Folgueiros, A Pedra , A Tabeira e Gravido co núcleo da Piña, na cal ademais da renovación da capa de rodadura tamen foi ampliada a plataforma. Sendo o coste destas dúas actuacións de 110. 605’20 €